A peña de Sergio mándalle ánimos cun vídeo

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

OSCAR VíFER

Recompilan algunhas das súas mellores paradas coa camiseta de Celta

28 may 2020 . Actualizado a las 17:10 h.

Con motivo da lesión do porteiro céltico Sergio Álvarez, que estará de baixa entre catro e cinco meses por unha doenza de xeonllo, a peña celtista que leva o seu nome en Catoira, coa axuda doutras agrupacións de afeccionados do equipo vigués, dedicoulle un vídeo co que lle mandan apoio. Co tema O gato metido nun saco interpretado por A Roda de fondo, recollen algunhas das paradas máis salientables do futbolista.

Tamén aparece unha mensaxe en pantalla: «Desde a Peña Sergio Álvarez O Gato, co apoio doutras peñas celtistas, queremos mostrar todo o noso apoio a un referente do celtismo como é Sergio Álvarez», comezan. A continuación lembran que «sempre deu todo polo equipo, dentro e fóra do terreo de xogo», polo que entenden que agora son eles quen teñen que responder. «Tócanos animarte a ti, agardamos verte axiña co compromisos, a profesionalidade e a afouteza que sempre te caracteriza».

Outra das mensaxes máis emotivas que se enviaron a Sergio a través das redes sociais nos últimos días foi a de Álex, neno celtista fillo de Dani Clemente -coñecido como Celtista en Nueva York en Twitter- que vén de loitar contra unha leucemia: