
Luis de la Fuente recupera a Iago Aspas na selección española logo de case catro anos fóra
18 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Tiveron que pasar case catro anos para que o fútbol fixese xustiza co mellor xogador da historia do Celta, recoñecido polo seu ídolo de infancia, Alexander Mostovoi. Chama a atención, aínda que sexa un dato sen importancia, que a chamada de Iago Aspas coa selección española chegue coa remuda do seleccionador, pero apostar por Iago é facelo sobre seguro. Pola súa calidade, polo seu instinto e o seu amor eterno ao fútbol.
Unha convocatoria aínda máis especial pensando no maior dos seus fillos, Thiago. Vídeo: M. Moralejo (La Voz). pic.twitter.com/4gX883fmlx
— Grada de Río (@gradaderio) March 17, 2023