A peza nace con vocación de que poda ser cantada en Balaídos para apoiar ao Celta
17 feb 2024 . Actualizado a las 17:00 h.A peña celtista A Tapa Celeste vén de presentar a súa versión do tema Será porque te amo, que nace con vocación de soar en Balaídos coreada polo celtismo como unha nova mostra de apoio a conxunto vigués. «Todo isto xurdiu en setembro cun WhatsApp que me remitiu un dos nosos peñistas», di un dos directivos, Alberto Osorio. Lembra que a súa agrupación naceu coa idea de que «a alma sexan os peñistas, que fagan suxestións e podelas converter en realidade». Así que foi o que se propuxo facer desde o primeiro momento e que, desde este 17 de febreiro no que vén de soar por primeira vez na previa so partido co Barcelona na súa sede, Picoteo, xa é un feito.
O autor daquel WhatsApp que deu pé ao proxecto foi Iván Pombo. «Mandoume un vídeo dos afeccionados do Milan cantándoo e díxome que este tema tiña que soar en Balaídos. A partir de aí, foi a inspiración e pensei que por que non darlle un toque celtista e galego a todo isto», filosofía que guiou os pasos desta iniciativa. «Xuntei a varios cantantes e un gaiteiro, todos moi celtistas e contactamos con Emewey Studio», que se encargou da música e o vídeo.
O produtor foi Monty Prieto, que ten experiencia en vídeos, sobre todo de hip hop. «Axudoulle a facer este vídeo con tanto sentimento celtista a súa parella, María, que é celtista de berce, de sempre, deses celtistas que o mamaron desde cativos», engade. Puxeron as voces Paula Prado -integrande de la Coral Casablanca-, Alberto Rouco, Miguel Oitabén, Rubén Alonso -del grupo Xhamain- e Belize Martínez, mentres que Marcos Campos foi o encargado da gaita.