Iván Villar: «Céntrome adestrar para dar a miña mellor versión» 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

Salvador Sas | EFE

O porteiro do Celta di que, trala vitoria ante o Alavés, o equipo está desexando que chegue o seguinte partido 

17 ago 2024 . Actualizado a las 10:15 h.

O porteiro titular do Celta ante o Alavés, Iván Villar, amosouse «moi contento por este resultado e por como se deu», facendo fincapé en que foron quen de «darlle a volta a un partido que se puxo custa arriba». «O equipo está moi contento e xa desexando que chegue o seguinte partido», sinala en referencia á cita fronte ao Valencia, de novo como locais.

No persoal, incide en que traballa «a diario para que as cousas saian ben, como ocorreu neste primeiro encontro de liga. «Hoxe saíu de cara e hai que valoralo. Céntrome no que podo controlar, en adestrar da mellor maneira posible e intentar dar a miña mellor versión nos partidos», engadía.

Tamén tivo verbas de gratitude e recoñecemento para a afección. «Unha vez mais, deron a cara, animáronnos en todo o encontro, que é necesario para nós. Gran parte desta remontada foi grazas a eles», finalizou.