
O dúo vigués xa actuara no estadio no intermedio do primeiro partido da historia de As Celtas
18 oct 2024 . Actualizado a las 12:59 h.O dúo vigués Fillas de Cassandra actuará este sábado no interior do estadio de Balaídos na previa do encontro entre Celta e Real Madrid, correspondente á décima xornada de liga e programado para as 21.00 horas. Será ás 20.45 cando Sara Faro e María soa fagan a súa aparición, segundo vén de anunciar o club vigués.
Desde o Celta avánzase que será «unha actuación chea de arraigamento polas raíces e tradición galegas que sorprenderá a todos os afeccionados e que será a antesala perfecta para un encontro de máximo nivel ante o vixente campión». Recoméndase aos afeccionados que accedan con tempo para non perder o recitar completo. Ademais, indican que se poderá ver a través dos videomarcadores.
Da man destas convidadas, o club promete «unha previa cargada de música, raíces e tradición que, xunto ao incansable alento de todo o celtismo unido, acompañarán ao conxunto celeste cara á vitoria». Fillas de Cassandra repiten respecto ao pasado mes de setembro, cando actuaron no intermedio do primeiro partido da historia de As Celtas, fronte ao Vitoria; daquela, interpretaron os seus temas II. Lisístrata (varre vasoira) e Tataravoa.