Sensacións e resultados

Adrián Rubio VIGO

GRADA DE RÍO

Oscar Vázquez

«Teño a impresión de que o Celta está para máis, pero a miña dúbida é se a nivel resultados será capaz de conseguir Europa»

13 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Por sensacións en moitas fases dos partidos, teño a impresión de que o Celta está para máis, pero a miña dúbida é se a nivel resultados será capaz de conseguir Europa, que entendo que é do que fala Borja Iglesias. Para conseguilo, primeiro hai que ter sorte, e logo, ser moi efectivo nas dúas áreas, e ao equipo estánselle indo partidos por non aproveitar as ocasións en área contraria e por erros defensivos na propia. Tamén necesitas enlazar dúas ou tres vitorias, e o equipo está sendo un tanto irregular nese aspecto.

Non lle daría importancia a que ata agora non lle gañase a ningún rival dos que ten por arriba, porque dos partidos que perdeu creo que os mellores foron cos equipos Champions, o Celta compite moi ben. A dúbida que teño é que un equipo tan de autor como o de Claudio é facilmente detectable e na segunda volta igual o coñecen un pouco máis, pero tamén sei que Giráldez é un estudoso de virtudes e defectos do seu propio equipo e creo que lle vai sacar máis rendemento individual a cada xogador e vai facer medrar ao colectivo.