
A Tapa Celese lanzou unha iniciativa que tamén promove a Federación de Peñas Celtistas
17 ene 2025 . Actualizado a las 15:20 h.A Federación de Peñas Celtistas promove unha iniciativa lanzada por A Tapa Celeste para protestar este domingo, no partido entre Celta y Athletic Club, polas arbitraxes que vén sufrindo o equipo vigués. A actuación de Munuera Montero e Hernández Hernández contra o Real Madrid na eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei, sumada á de Vallecas do venres anterior foron os detonantes desta protesta, que leva por lema «esiximos respecto».
A proposta consiste en asubiar durante os cinco primeiros minutos do encontro que abre a segunda volta de liga en Balaídos, fixado para este domingo, 19 de xaneiro, ás 14.00 horas. Sinalan que se trata dun xesto para «protestar polas continuas arbitraxes inxustas contra o Real Club Celta de Vigo». Neste último partido, a acción máis polémica foi o penalti non sinalado sobre Williot Swedberg, mentres que en Vallecas, o equipo reclamou que o primeiro gol local non debeu subir ao marcador por falta sobre Vicente Guaita.
O domingo o celtismo ten que facerse oir, pitada acompañada de pañolada, basta xa pic.twitter.com/VhXOsyYn9w
— FDPC (@FdPcelta) January 17, 2025
O árbitro designado para a cita deste domingo é Miguel Ángel Ortiz Arias, árbitro co que os vigueses teñen uns precedentes de catro triunfos, seis empates e tres derrotas e que coincidirá co equipo por terceira vez, logo de dirixir a derrota de Vilarreal (4-3) e o empate do Benito Villamarín ante o Betis (2-2). O episodio máis lembrado con el foi con Renato Tapia fronte á Real Sociedad en Anoeta en febreiro do 2023, cando foi expulsado, díxolle «que prepotencia» e o castigo foi de tres encontros.
Claudio Giráldez queixárase en Vallecas da arbitraxe cunhas verbas polas que logo pediu perdón, propoñéndose non volver a xulgar o traballo dun profesional. No Bernabéu, seguiu esa liña, aínda que si dixo que a acción da pena máxima tiña incidencia e que non entendía o VAR, tirando de retranca con que é un adestrador novo e con pouca experiencia na categoría que debe formarse para comprender a dinámica do videoarbitraxe.
Algunhas peñas fixeron comunicados pola súa conta na xornada desde venres. «Onte amosouse o noso querer e non poder fronte a Oligarquía do fútbol. Esta é a verdadeira cara dos poderosos, a Federación e a Liga. Nós témolo moi claro, sempre coa equipa da nosa terra, sempre cos bos e xenerosos. Non ficaremos calados ante as inxustizas! Ala Celta!», expresaron desde Fóra de Xogo. Corvos Celestes, de Salceda, pediu ao club que alce a voz -foron moitos os afeccionados que reclamaron un comunicado- tamén se queixou sobre o cambio de horario do Celta-Athletic.
? Onte amosouse o noso querer e non poder fronte a Oligarquía do fútbol. Esta é a verdadeira cara dos poderosos, a @RFEF e @LaLiga
— Fóra De Xogo (@ForadeXogo1923) January 17, 2025
? Nós témolo moi claro, sempre coa equipa da nosa terra, sempre cos bos e xenerosos. Non ficaremos calados ante as inxustizas!
Ala Celta! pic.twitter.com/0QERBOneFN
Comunicado da peña @corvos_celestes, que insta ao @RCCelta a alzar a voz polas arbitraxes e tamén mostra o seu rexeitamento ao cambio de horario do partido ante o Athletic Club.
— Grada de Río (@gradaderio) January 17, 2025
Lembrade a convocatoria de protesta do domingo: https://t.co/JxiIRBi0Iu https://t.co/Ou0kQ8kY5q pic.twitter.com/B7HXznN9KW