Yoel Lago: «É un orgullo competir ata o final con oito canteiráns ante todo un Athletic»
GRADA DE RÍO
![](https://img.lavdg.com/sc/H6WDsmxcjiQ7GIe3-w_O0TQoe4s=/480x/2025/01/19/00121737324662019427517/Foto/i_20250119_164007000.jpg)
O defensa do Celta subliña que quere aproveitar cada oportunidade que lle dea Claudio Giráldez
20 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Yoel Lago sumou ante o Athletic Club o seu primeiro partido da tempada en Primeira e o segundo logo da súa estrea ante o Valencia na última xornada da campaña anterior. «Estou moi contento pola oportunidade. É un orgullo poder estar no once e intentar aproveitar as oportunidades que o míster me dea», afirma.
Máis alá do aspecto individual, sinala que tamén é unha satisfacción ver que xogaron sete xogadores de inicio e oito en total con pasado no filial celeste «ante todo un Athletic Club, un equipo de Champions, e competindo ata o final», aínda que hoxe non saíu», engadía en referencia aos resultados.
Considera o xogador de Mondariz que faltou a enerxía que adoitan ter en Balaídos, algo que atribúe á acumulación de partidos da semana. «Tivemos moi pouco tempo de descanso, pero o equipo estivo ata o final no partido. Outros días entra e hoxe non, a seguir así», pide.
Ademais, tamén agradeceu o apoio que reciben por parte da afección en cada partido como locais. «Son parte fundamental disto. Dámoslles grazas e intentaremos que veñan mellores resultados; seguro que así será».