Carreira: «Fixemos todo o que puidemos» 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

O xogador do Celta non pon escusas para a derrota ante o Athetic: «Temos unha plantilla suficientemente longa» 

20 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O xogador do Celta Sergio Carreira recoñeceu que o partido ante o Athletic Club era «complicado» pol equipo que tiñan enfronte e as circunstancias nas que chegaba o encontro. «Son un rival moi físico, que esixe moito. Estivo parello por momentos, pero viñamos dun partido esixente na Copa. Malia a derrota, fixemos todo o que puidemos», sinalaba.

Aínda lembrando que pasaron pouco máis de dous días entre a cita fronte ao Madrid e esta seguinte, deixou claro que «non hai escusas». «Temos unha plantilla suficientemente longa como para poder competir dous partidos nese prazo de tempo, pero so que foi complicado fisicamente», afonda.

En canto á presenza de canteiráns, destaca que a gran novidade, Yoel Lago, estivo «moi ben» igual que Javi Rodríguez ao seu carón e os demais compañeiros. «É un pracer estar todos competindo xuntos po un mesmo obxectivo», poñendo o foco en que este protagonismo dos de casa é algo que se leva vendo desde o inicio de tempada. «Todo o mundo, coma nós, se sinte moi orgulloso de que esteamos aquí».

Por último, fixo referencia ao apoio do celtismo. «Non fallan nunca. Hoxe, nun día complicado polo horario e pola choiva, responderon coma sempre e estiveron con nós. Pena que non puidemos, como mínimo, empatar ao final do partido. Ese empuxe que nos deron case nos leva a empatar».