Marta Larralde, primeira socia de honra de A Tapa Celeste 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

A TAPA CELESTE

A actriz viguesa despediuse de Gol co seu pai, con quen ía de cativa, grazas á peña 

25 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A peña celtista viguesa A Tapa Celeste vén de anunciar que a actriz Marta Larralde, tamén viguesa e recoñecida celtista, converteuse na súa primeira socia de honra. Ademais, a intérprete «será parte dun dos proxectos» que ten entre man a peña e que será «revelado en próximas datas».

A Tapa Celeste fixo posible que Larralde vivise o pasado venres a vitoria do Celta sobre o Osasuna na bancada de Gol, que estaba en funcionamento por última vez ese día. «Caly e Marta.Pai e filla. Pasado e presente do celtismo. Tal como tivemos coñecemento da súa historia, puxemos o noso gran de area para que xuntos despedisen a bancada de Gol, onde os dous compartiron tantas vivencias no pasado», pubicaban desde a peña.

 

Ela, pola súa parte, compartía imaxes de ambos no partido e agadecía o xesto da agrupación cetista. «Cuando era peque, iba con meu pai a Balaídos, siempre a la grada Gol. Muchos momentos vividos detrás de esa portería. Gracias a la peña A Tapa Celeste por invitarnos a vivir este último partido antes del derrumbamiento de la grada, esperamos poder asistir también a la inauguración de la nueva con vosotros, y por supuesto volver a ganar. Sempre Celta», expresaba.

Larralde sempre presumiu celtismo e, ademais, formou parte no seu día do equipo técnico do videoclip do himno do centenario do club, Oliveira dos cen anos, proxecto de C. Tangana