Damián Rodríguez: «Os compañeiros confiaban en min e iso fixo todo máis fácil»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

Salvador Sas | EFE

O xogador do Celta mostrouse feliz polo triunfo e pola súa volta ao once: «Xa tiña ganas»

08 mar 2025 . Actualizado a las 19:22 h.

Damián Rodríguez mostrouse feliz pola súa volta ao once e polo triunfo do Celta frote ao Leganés diante da súa afección. «Sempre que vimos a Balaídos, xéranos algo diferente a cando xogamos fóra. Estamos coa nosa afección, no noso estadio, gústanos moito xogar aquí e penso que se nota», subliña.

As súas sensacións na volta ao once foron moi boas, especialmente grazas ao resto de célticos. «Os compañeiros confiaban en min e iso fixo todo moito máis fácil. Xa tiña ganas de volver xogar de novo e estou moi contento», expresaba.

O xogador de Poteareas di que «sobran as palabras de agradecemento» ao celtismo. «Sempre están aquí, sexa o equipo que sexa e o horario que sexa. Notámolo moito no campo e mandámoslles unha mensaxe de agradecemento. Espero que sigan así e que nós tamén sigamos». En canto ao espectáculo da previa, di que «é moi bonito, significativo para os galegos» e que lles produce «unha sensación de orgullo».