¿Viven as persoas dentro das súas frases?

> Jesús Garrido cursosrepeducador.es

LA VOZ DE LA ESCUELA

BENITO ORDÓÑEZ

Fóronse na segunda semana de abril: a noticia e feitos da súa vida desaparecen dos xornais; pero quedan as frases de Margaret Thatcher, José Luis Sampedro, Sara Montiel, Robert Edwards. Unha fonte de recursos para recordar o que foron e o que deixaron en favor, recordo ou estímulo ou agradecemento para os demais.

24 abr 2013 . Actualizado a las 13:05 h.

- ACTIVIDADES: Entre as diversas frases deses 4 personaxes eliximos unha para que manifestes a túa opinión dentro do teu grupo.

- ¿Representa de verdade a imaxe que temos desa persoa? Elixe outra que che guste máis e organizade unha discusión en grupo.

- ¿Que opinas dese dito de que as persoas viven dentro das súas frases? ¿Que frase persoal inventariades cada un do voso grupo que dalgún xeito vos inmortalice? ¡Ánimo!

1. MARGARET HILDA THATCHER

Grantham, Lincolnshire, 13 de outubro de 1925-Belgravia, Londres. 8 de abril de 2013. Coñecida tamén co sobrenome de dama de Ferro, foi primeira ministra do Reino Unido entre 1979 e 199, e líder do Partido Conservador entre 1975 e 1990.

- «Ao longo da miña vida, todos os nosos problemas viñeron da Europa continental, e todas as solucións viñeron das nacións anglo-falantes ao longo e ancho do mundo».

- «Calquera muller que entenda os problemas de levar unha casa está moi preto de entender os de levar un país».

- No Parlamento británico o 30 de outubro de 1990, cando pronunciou o seu xa antolóxico «Non, non, non» para argumentar o seu rexeitamento a que o Reino Unido substituíse a libra esterlina polo euro.

- «O socialismo fracasa cando se lles acaba o diñeiro... dos demais».

- «En canto se concede á muller a igualdade co home, vólvese superior a el».

- «Se os meus críticos me visen camiñando sobre as augas do Támesis, dirían que é porque non podo nadar».

- ACTIVIDADE. Frase elixida: Ao recoller aos 9 anos un premio escolar, Margaret Thatcher espetoulle ao seu interlocutor: «Non tiven sorte. Merecíamo». ¿Que che suxire esa frase respecto da súa forma de ser xa desde nena pequena?

2. ROBERT EDWARDS

Leeds, Inglaterra, 27 de setembro de 1925-Mánchester, 10 de abril do 2013. Foi un fisiólogo pioneiro da investigación na medicina reprodutiva e a fecundación in vitro.

- «Nunca esquecerei o día en que me inclinei ao microscopio e vin algo divertido nos cultivos: un blastocisto mirándome desde abaixo. Nese momento pensei: 'Lográmolo'».

- «A ciencia ten que avanzar. Non tería habido ningunha fecundación in vitro se non estudásemos o embrión», afirmou ao recoller un premio en París no 2007.

- «Preocúpame a xente que sempre di ¡alto! cando hai que dicir ¡adiante!».

- «Na súa última encíclica, o papa mostrouse contrario á fecundación artificial. Diríalle que se preocupase por coñecer ás familias que teñen o problema e por amar aos nenos nados grazas a estas técnicas».

- ACTIVIDADE. Frase elixida: «A cousa máis importante na vida é ter un fillo. Nada é máis especial que un neno». ¿Que pensas da frase? A discusión ética que suscitou é que non todo é lícito para conseguir algo tan importante.

3. JOSÉ LUIS SAMPEDRO SÁEZ

Barcelona, 1 de febreiro de 1917-Madrid, 8 de abril do 2013. Escritor e economista español que avogaba por unha economía «máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos».

- «Sin libertad de pensamiento, la libertad de expresión no sirve de nada».

- «Seguimos sosteniendo las mismas barbaridades, las mismas crueldades, las mismas salvajadas. ¿Cómo no hemos aprendido a vivir, a vivir en paz, a vivir con la naturaleza, a vivir con sosiego?».

- «El niño siempre anda buscando. Entonces, si no se siente buscado, por fuerza pensará que el mundo falla y lo rechaza».

- «Dicen que el mercado es la libertad, pero a mí me gustaría saber qué libertad tiene en el mercado quien va sin un céntimo».

- «Uno escribe a base de ser un minero de sí mismo».

- «A los 9 años intenté ser jesuita. A los 19, anarquista».

- «Desde la infancia nos enseñan. Primero a creer lo que nos dicen las autoridades, los curas, los padres... Y luego a razonar sobre lo que hemos creído. La libertad de pensamiento es al revés: lo primero es razonar y luego creeremos lo que nos ha parecido bien de lo que razonamos».

- ACTIVIDADE. Frase elixida: «A liberdade é como unha cometa. Voa porque está atada». ¿Que pensas desta frase? ¿Hai que romper todas as ataduras para ser libres?

4. SARA MONTIEL

María Antonia Abad Fernández, coñecida artisticamente como Sara Montiel (Campo de Criptana, Cidade Real, 10 de marzo de 1928-Madrid, 8 de abril do 2013).

- «Sabré marcharme cuando me dé cuenta de que la gente empieza a cansarse del mito».

- «Soy una mujer normal. Bueno, normal no. No quiero decir que fuera súper, súper, súper; pero un poco súper sí que era».

- «Mi trabajo ha consistido siempre en adelgazar para poder trabajar».

- «Yo es que ya cantaba a las doce semanas en el vientre de mi madre».

- «Yo aprendía los diálogos de oído; pero era tan inquieta que trataba de leer».

- «La vida es divina y hay que seguir. Y yo seguiré cantando hasta que Dios quiera».

- «Todo muy rápido. La gente no sabe lo deprisa que pasa la vida. La mala y la buena. Todo ha sido pasajero».

- ACTIVIDADE. Frase elixida: «Fun analfabeta ata os 22 anos e iso é un hándicap para sempre, pero sei escoitar e sei calar cando non teño nada que dicir». ¿Que pensas desa frase? ¿É que existen persoas que non son analfabetas pero nin saben escoitar nin saben calar? ¿Que opinas?