Día de portas abertas

> Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

XOÁN A. SOLER

Seleccionamos unhas cantas noticias que van axudarnos a facer algo neste día na aula e demostrar que a porta de clase non se pecha nunca: e nin moito menos hoxe. ¡Todas as clases do colexio coas portas abertas! Un bo símbolo para dar entrada á diversidade.

21 may 2014 . Actualizado a las 13:30 h.

1 Biblioteca Internacional

Inaguurada en Santiago a Bibliioteca Internacional da Diversidade Cultural. CampUSCulturae inaugurou a Bibliioteca Internacional da Diversidade Cultural, un espazo bibliiográfico e documental especializado nas linguas e culturas de todo o mundo, e que era unha das aspiracións do proxecto, cofinanciado pola Axencia da Cultura da Unión Europea. García explicou que polo momento na Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural poderá lerse en 32 linguas repartidas en cinco mil volumes recibidos integramente por doazóns. «A idea é que vaia crecendo», sinalou.

Actividades. ¿Estará ben escrito iso de CampUSCulturae, con esas dúas maiúsculas no medio e as dúas letras ae ao final? ¿Tal vez teña algo que ver coa cultura de universidade onde está a biblioteca e a lingua antigua de onde procede o noso idioma?

2.Campaña contra o racismo

Dani Alves cómese un plátano que lle lanzan desde a bancada e desata unha campaña contra o racismo. Dani Alves converteu un xesto moi desagradable nunha mera anéctoda. O lateral brasileiro recibiu un insulto racista durante a segunda parte do Villarreal-Barcelona, pero reaccionou con exeño e restou dramatismo a unha escena lamentable. Alves dispúñase a lanar un saque de esquina no minuto 76 do xogo e desde a bancada tiráronlle un plátano, un insulto racista moi común por desgraza no fútbol europeo. O brasileiro remangouse os pantalóns como pensando que facer ante a ofensa, pero reaccionou pelando o plátano e dándolle unha boa dentada.

Actividades. «Sufrín moito racismo en España. Por desgraza, xa aprendín a convivir con iso. Ao principio chocábame bastante, pero agora non lle dou importancia». ¿Sabes como castigaron a ese incontrolado siareiro?.

3.Tanabe e Santiago

Monxes budistas e sacerdotes sintoístas xaponeses celebran na catedral a unión de Tanabe e Santiago. Monxes budistas e sacerdotes sintoístas participaron na catedral de Santiago nunha cerimonia de conmemoración da inscrición na lista do patrimonio mundial da Unesco dunha ruta xaponesa de peregrinación irmandada co Camiño de Santiago. Un grupo de monxes do templo budista Seigantoji interpretaron o Shugendo, parte dun ritual de exercicios das montañas do Camiño de Kimano-Kodo e outro grupo do santuario de Koyasan interpretaron cánticos rituais shomyo. Sacerdotes do santuario Kumano Hongu Taisha representaron a danza noh e sacerdotisas do Kumano Hayatama Taisha exhibiron a danza kamunagi-non mai.

Actividades. ¿Desde cando están irmandados o Camiño de Kumano Kodo e o de Santiago, as dúas únicas vías de peregrinación que así fuguran na Unesco? ¿Queres darche un bo paseo virutal por Kumano Kodo a través desta dirección? Impresionante: http://www.tb-kumano.jp/es/kumano-kodo/maps/.

4.Outras galaxias

Unha nena rusa de 13 anos inventa unha nave que podría chegar a outras galaxias máis rápido. Unha nena rusa de 13 anos, Ekaterina Trúsheva, presentou un proxecto de nave espacial capaz de chegar a outras galaxias en 42 anos, un fito bastante reseñable, xa que os aparellos que existan actualmente tardarían uns 50.000. Ademáis, unhas 500 persoas poderían viaxar no seu interior. Trúsheva decidiu crear esta nave ao coñecer que algún día o Sol morrería e a Terra sería engulida. Segundo explicou, esta nave podería salvar aos habitantes da Terra (o mesmo nome co que bautizou ao vehículo), que poderían viaxar a outros mundo sonde poder establecerse de novo. O Insituto Internacional de Educación Espacial de Alemaña colleu á nena para participar co seu equipo na competición da construcción de vehículo para a exploración humana da NASA.

Actividades. Como combustible usará o medio ambiente interestelar, que é nun 70% hidróxeno. Este hidróxeno sería captado por un embude magnético, despois comprimiríase e finalmente quentaríase por reacción termonuclear. ¿Podes acudir ao teu profesor para que che explique mellor isto?

5.Versión orixinal

O Congreso debate fomentar a versión orixinal das películas para mellorar os idiomas. A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados debate hoxe a propoesta do PP de fomentar a recepción das películas na súa «forma e idioma orixinal» para «a mellora das capacidades lingüísticas dos mozos», así como para «comprender e valorar» mellor as obras cinematográficas. Esta iniciativa forma parte dun paquete de propostas presentadas polos populares no Congreso dos Depuados para fomentar a alfabetización mediática e dixital das obras cinematográficas e audiovisuais. Estas medidas pretenden axudar aos cidadáns a «comprender e valorar» mellor as obras cinematográficas e audiovisuais, de modo que se disfrute o máis amplamente posible delas, ademais de favorecer a diversidade cultural e contribuír a formar un pensamento crítico.

Actividades. Din que un dos motivos po que os alumnos portugueses teñen mellor ton cando falan en inglés ou en francés é porque oen as películas en idioma orixinal subtituladas. ¿Cres que é certo?