
Prensa-Escuela premia tres ficcións creadas a partir de noticias publicadas en La Voz de Galicia
18 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.A cuarta edición do concurso de Microrrelatos Prensa-Escuela rematou con dous premiados e unha mención especial. Nee Barros, do CPR La Inmaculada (Marín), namorou o xurado co seu texto Réquiem e Carlos Vázquez, do Colexio Plurilingüe Divina Pastora (Ourense), fixo o propio co público con La mejor cura para los embalses, que converteu o seu microrrelato no máis votado de todos os participantes. O xurado quixo tamén conceder unha mención especial ao Frankenstein creado por Héctor Dorribo, do CEIP Altamar (Vigo).
O concurso é unha iniciativa convocada polo programa educativo de La Voz de Galicia, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. O obxectivo do certame é crear un texto de ficción partindo dunha nova publicada no xornal.
PREMIO DO XURADO
Réquiem

Aínda o lembro, lembro a túa aperta doce e quente cando chegaba correndo e non tiña outro sitio onde agocharme. Lembro as horas que pasei ao teu carón, en silencio, esperando a que todo pasase dunha vez. Cantas historias terás escoitado ti xa? Se falases serías coma un libro, a personificación de Castelao, ou quizais de Álvaro Cunqueiro. Non o sei. Por que te fuches? O teu baleiro aínda se sente coma unha agulla que perfora e rebenta os nosos corazóns. Non sabemos que imos facer sen ti. Non sabemos que imos facer cando nos enchoupemos de frío, auga e medo. A quen acudiremos? Quen será o que nos salve? Por agora, vai ser mellor que cale. Non é de boa educación falar no velorio dunha marquesiña.
- Nome e apelidos do autor: Nee Barros Fernández
- Centro educativo: CPR La Inmaculada
- Curso: 4.º de ESO
- Localidade: Marín, Pontevedra
- Ligazón á noticia de www.lavozdegalicia.es na que se inspira o relato: https://bit.ly/2IGtJc3
PREMIO DO PÚBLICO
La mejor cura para los embalses

Los embalses de Galicia estaban enfermos con la sequitis (que es sequía). Cuando fueron al doctor, él les dijo:
?Hmmm. Ya sé lo que necesitáis: ¡la lluvia!
Entonces ellos fueron a la farmacia Nubecita, donde reservaron muchas lluvias. Cuando estas llegaron, los embalses de Galicia se recuperaron, y la presa A Mariña que abastece a Alcoa (junto con otras presas), abrió otra vez sus compuertas.
- Nome e apelidos do autor: Carlos Vázquez Gómez
- Centro educativo: Colegio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas
- Curso: 5.º A de primaria
- Localidade: Ourense
- Ligazón á noticia de www.lavozdegalicia.es na que se inspira o relato: https://bit.ly/2Hicvox
MENCIÓN ESPECIAL
Frankenstein

Meu Deus, vaia sesta! 142 anos durmindo. Agora a estirar as pernas... Saíu á rúa escrutando a cidade. Uns carros a toda velocidade ían pola estrada, sen cabalos! As casas atopábanse unhas enriba doutras, e as persoas camiñaban mirando unha pequena táboa brillante ou cunhas pequenas cordas atadas ás orellas.
?Ese disfrace de Frankenstein é moi bo! ?díxolle un mozo cunha desas táboas.
?Di... disfrace?” ?pensou el?. Dá o mesmo, hora de matar a alguén.
Sen reparar nas tolemias daquel lugar, atopou unha muller soa, sentada nunha cadeira de pedra. Ela, ao velo, díxolle:
?Oh, que disfrace máis logrado! Podo facer un selfie contigo?
Colleu a táboa e colocouna diante deles. Era como un espello.
?Vou subilo a Facebook...
?A humanidade está tola! Vou ver se durmo de novo e non esperto...
- Nome e apelidos do autor: Héctor Dorribo Vázquez
- Centro educativo: CEIP Altamar
- Curso: 6.º de primaria
- Localidade: Vigo
- Ligazón á noticia de www.lavozdegalicia.es na que se inspira o relato: https://bit.ly/2GR6mQw