Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O tabaco rompe corazóns

Jesús Garrido / chuchogarrido@icloud.com

LA VOZ DE LA ESCUELA

Eliximos para empezar o triplo cartel que a OMS elixiu para dar a coñecer os riscos que leva consigo o tabaco e que describe xunto á imaxe presentada. Baixo o lema «O tabaco rompe corazóns» afirma tallantemente que o tabaco causa máis de dous millóns de mortes por enfermidades cardiovasculares e que freando o seu consumo podemos previr millóns de mortes por infartos de miocardio e accidentes vasculares cerebrais. Finalmente, asegura que centos de millóns de consumidores non saben que o tabaco causa enfermidades do corazón e transmite algo de esperanza: a redución do consumo de tabaco promove a saúde mundial e fomenta o desenvolvemento. Nesta dirección abreviada podes consultalo: https://bit.ly/2rZZC9y > CAMPAÑA MUNDIAL DA OMS PARA REDUCIR O SEU CONSUMO E AS CONSECUENCIAS A EL ASOCIADAS

30 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O problema?

A pesar dos devastadores danos do tabaco para a saúde cardíaca, hai pouco coñecemento xeral de que fumar é unha das principais causas de enfermidades cardiovasculares. Deixar o tabaco non é fácil, xa que a dependencia é un conxunto de fenómenos condutuais, cognitivos e fisiolóxicos. Moi poucos consumidores de tabaco poden deixar o hábito ao primeiro intento.

As convencións sociais non axudan aos consumidores a deixar o hábito nalgúns países moi afectados polo tabaquismo. Por exemplo, a enquisa mundial sobre o tabaco e os adultos mostra que en moitos países se ignora a relación grave que existe entre o consumo de tabaco e as enfermidades que leva consigo, O apoio con fundamento científico para deixar o tabaco (tratamento da dependencia do tabaco) inclúe métodos desde o simple consello médico á farmacoterapia, xunto con libros e consellos para deixar de fumar. Con todo, os consumidores de tabaco case non coñecen a base científica destas intervencións de tratamento.

2. A solución?

Os consumidores teñen que convencerse, por exemplo, de varias motivacións para estar en disposición de abandonar o hábito, a saber:

Deixar de fumar é o mellor que poden facer os consumidores de tabaco para protexer a súa saúde e a dos demais.

Deixar o tabaco é importante para min, e quero deixar o tabaquismo.

Teño posibilidades de deixar o tabaco con éxito.

Nunca é demasiado tarde para deixar de fumar.

Nun número cada vez maior de países hai máis ex fumadores que fumadores, e ata tres cuartas partes dos ex fumadores deixaron de fumar sen axuda.

Moitos fumadores consideran difícil deixar de fumar, pero existen mecanismos de apoio de base científica para axudarlles a aumentar as súas posibilidades de deixar o hábito.

Recursos. Di que Non: prensa-escuela@lavoz.es