Igrexas

LEMOS

O FOGONAZO | O |

28 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O ESCRITOR e historiador Xosé Lois García propón organizar concertos de música sacra, representacións de teatro e outras actividades culturais acordes co escenario nas igrexas onde xa non hai culto relixioso. Son experiencias que se levan a cabo dende hai anos en Cataluña ou en Francia, pero que aquí semellan aínda lonxanas no tempo. De todos xeitos, a conservación do Románico da Ribeira Sacra foi mellorando. Non hai tanto, o abandono do templo de Eiré, monumento nacional, combatíase coa colocación dunha canastra de baloncesto diante da fachada. Afortunadamente, anúnciase que nos institutos galegos vaise concienciar pronto ós alumnos para evitar o feísmo urbanístico. Quizá eles vexan cumprido o desexo do escritor.