A revista «Festa da palabra silenciada» dedica un número a María Mariño

La Voz J. L. | VIGO

LEMOS

17 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

?eministas Independentes Galegas, a Figa, dedica o número 21 da súa revista Festa da Palabra Silenciada a María Mariño, a poetisa noiesa a quen a Real Academia Galega dedicará o próximo o Día das Letras Galegas. Non é a primeira vez que dende a Figa abordan a figura desta escritora pouco coñecida. A revista está totalmente centrada nesta autora rodeada polo silencio, e de quen María Xosé Queizán, directora da publicación, dixo que é unha figura senlleira na literatura galega. «A súa poesía é misteriosa e única, incluso universalmente; parece que torce a lingua, a súa sintaxe é transformadora, é necesario leela doutro xeito», explicou. María Mariño naceu en Noia, viviu unha temporada no País Vasco e acabou os seus días na Serra do Courel. Neste lugar coñece a Uxío Novoneyra, a través de quen o resto do mundo terá noticias da súa poesía. En vida só publicou un libro e, tras a súa prematura morte, Novoneyra promove un segundo libro. «Sen estes dous libros non coñeceríamos a esta muller que escribía no mundo privado», sinalou a directora da revista. María Xosé Queizán asina a editorial que abre a revista. A biografía da escritora é resumida por Xerardo Agrafoxo, mentres que Carmen Blanco afonda na lingua poética de Mariño. María do Cebreiro Rábade asina un artigo titulado Arpa de dúas cordas? Imaxinación e sentimento na poesía de María Mariño . Séguenlle as achegas de Marga do Val, co poema Había que chegar , e de Ana Romaní, co artigo María Mariño. Terra sen pisadas . «Escrita xenésica» O monográfico segue cun artigo de María Xesús Nogueira que analiza diversos aspectos da poesía de María Mariño. Pola súa banda, Paulino Vázquez Vázquez fai a súa achega co artigo titulado María Mariño, espello no serán , e María Xesús Pato asina o artigo Verba que comeza: unha escrita xenésica . María Mariño morreu de leucemia o 19 de maio de 1967 en Parada, cando xa publicara o poemario Palabra no tempo e cando xa rematara Verba que comenza , un libro que se publicaría en 1990.