«O Concello aposta por ampliar a programación cultural a todo o mes»

LEMOS

Manuel Anxo Taboada destaca o Folión de Carros e a Festa da Empanada como dous dos referentes más significativos dos festexos do Carme de Chantada

21 ago 2009 . Actualizado a las 15:12 h.

Manuel Anxo Taboada valorou positivamente o traballo da comisión de festas na confección dun programa, que calificou de variado e adaptado a todos os públicos. O alcalde resaltou a programación cultural de agosto, que complementa perfectamente os festexos.

-¿Como se presentan estas festas?

-Vexo moita animación. Quero destacar o traballo dunha comisión continuista, que fixo unha clara aposta por un programa de calidad. Aínda que a maioría de actos se centraliza nestes cinco días, o concello fai unha aposta por diversificar a programación durante todo o mes de agosto. O Folión de Carros e a Festa da Empanada son dous referentes destes festexos.

-¿Por que non hai concertos de nivel?

-Hai que entender que somos unha vila de 9.000 habitantes cun orzamento reducido. O Concello aporta ás festas uns 50.000 euros, e o que se recada dá para o que dá. Todo queda moi lonxe para afrontar un desembolso para unha actuación deste tipo.

-¿Notouse a crise no tocante á afluencia de turistas?

-Este verán vin moita xente en Chantada. Os lugares máis visitados foron a zona histórica, o paseo fluvial, a ribeira, a área do Sangoñedo e O Faro. De feito, a festa do pasado día 15 foi un éxito.

-¿Que actuacións están levando a cabo no municipio?

-Estamos traballando na Ponte Nova. Co fin de mellorar a seguridade do paseo fluvial. Unha vez rematado. Non será necesario pasar pola avenida de Ourense. O vindeiro xoves adxudicaremos as obras do plan Zapatero, que serán a construcción dos edificios para a escola de música e para os sindicatos na praza de Galicia. Ademais, xa adxudicamos o Plan de Obras e Servizos, no que incluímos a urbanización nos accesos a Basán Pequeno. Estamos cos trámites para adxudicar outra urbanización na zona de arriba das Delicia, completando o tramo urbano ata a rotonda de Lalín.

-¿En que consiste o convenio asinado con Vivenda?

-Tratamos de revitalizar espazos públicos. Invístese un total de 430.000 euros. As primeiras obras que se van realizar son: o saneamento e pavimentación de Costoira; o acondicionamento da praza de Vilameá, da praza do cruceiro de Centulle, de Mariz, de Penasillás e o acondicionamento do adro do Mosteiro de San Salvador de Asma. Trátase dun convenio importante para Chantada.