As festas de Escairón comezarán o 31 de xullo e prolongaranse ata o 3 de agosto. O sábado, os festexos iniciaranse coa actuación das orquestras Palladiun e Madeira. Na xornada do domingo, a banda de música «La Lira» de Ribadavia será a encargada de amenizar o vermú. Pola noite está previsto o prato forte das festas coa actuación das orquestras Paris de Noia e Gran Parada. O luns serán a Panamá e a Jerusalén as que poñan a música durante a verbena. A celebración chegará ao seu fin o martes co pasarrúas a cargo da banda municipal de Taboada e as actuacións das orquestras Abanico e Sintonía de Vigo. Ese día non faltará a tradicional carreira de burros, que o ano pasado bateu récords coa participación de 30 animais.
As festas tamén inclúen un concerto do grupo «La caja de Pandora» o sábado 31, que forma parte da programación do Xacobeo.
O Concello conta cun presuposto de 62.000 euros para a organización das festas, aos que hai que sumar 22.000 procedentes do Xacobeo.