10 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Na zona non hai constancia da existencia de trufas silvestres, segundo explica o biólogo Javier Guitián Rivera, director da Estación Científica do Courel e investigador da vexetación da serra. «No Courel hai hábitats que en principio poderían ser favorables para esta especie, pero que eu saiba nunca foi localizada por aquí», explica. O territorio galego no seu conxunto non é moi propicio para este tipo de fungos, dada a escaseza de terreos calizos e o predominio dos solos ácidos. En España, as principais áreas produtoras están en Aragón, Cataluña e algunhas zonas de Castela-León e a Comunidade Valenciana. As outras zonas trufícolas máis importantes de Europa están en Francia e Italia.