
roi maceda acordeonista do grupo musical quempallou
O grupo galego de música folk Quempallou actuará esta noite en Monforte. Dous dos compoñentes son do Incio, así que actuar preto da súa casa considérano moi importante. Tan só esperan que a pesar da situación actual a xente se anime e goce dunha noite ao carón da música tradicional galega.
-¿Que é para vós facer un concerto en Monforte?
-Que estamos preto da casa e considerámolo moi importante.
-¿Cando e como se formou o grupo?
-Hai trece anos en Pontevedra cando estudábamos maxisterio musical. Xuntámonos un grupo de Bueu máis eu. Non obstante, ata o 2003 houbo algúns cambios e actualmente o único que segue dende a orixe é Guillerme, o frautista e vocalista.
-Estiveron no Festival de Lorient en Francia e en Portugal. ¿Como os reciben no estranxeiro?
-Ben. A Lorient é a segunda vez que asistisimos e a Portugal imos con máis frecuencia. Cada público é diferente e o interesante é que como o galego non hai ningún. Incluso a forma de facer e de vivir os festivais é distinta.
-Compoñen e adaptan cancións, ¿non?
-Si. As cancións que compoñemos adaptámolas a unha base tradicional galega.
-¿Que é o que mais botan de menos cando están noutro país?
-O público. Por exemplo, o outro día no Festival de Pardiñas, en Guitiriz, a xente sabíase todas as cancións e no estranseiro ao ser descoñecidos iso non pasa. O cariño da xente é o que se bota en falta.
-¿Algunha anécdota?
-Anécdotas moitas, pero agora mesmo non sabería dicir unha. En cada concerto vívese una experiencia diferente. Iso si, non temos ningún recordo malo.
-¿Algún ritual antes de sair ao escenario?
-Non. O que procuramos é ter bo rollo porque iso transmítese a xente.
-¿Cal é o próximo concerto?
-No Incio, no Festival Terra Brava.
-¿Qué lle diría aos grupos locais que comenzan a tocar en pequenas actuacións?
-O importante é que che guste e pasalo ben. O demais é secundario e depende do traballo.