Activada en Internet unha guía turística do Courel para o público xove

quiroga / la voz

LEMOS

03 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A asociación Buraca das Grellas, tal como esta previsto, editou onte en Internet unha guía turística da Serra do Courel dirixida ao público xove, que pode visitarse no enderezo http://viaxaocourel.es. A páxina propón unha serie de actividades que os visitantes poderán levar a cabo dependendo do tempo que permanezan na zona, variando dun soa xornada a sete. Así mesmo, ofrece a posibilidade de descargar gratuitamente unha vintena de mapas con rutas turísticas que poden incorporarse a teléfonos móbiles e sistemas GPS.

A web ofrece ademais unha relación de locais onde comer e onde aloxarse, especificando onde poden encontrarse os prezos máis asequibles. Outra sección indica varias empresas turísticas da zona -por agora son catro- que ofrecen descontos aos visitantes que se dirixan a elas a través desta páxina.

Por outro lado, a guía presenta unha serie de ofertas de turismo activo, rutas a pé, en bicicleta e en automóbil e unha sección de actividades próximas a realizarse, na que de momento figuran a Festa da Castaña do Courel e varias xornadas micolóxicas.