"Creacións interiores", un panorama da arte actual na Ribeira Sacra

La Voz

LEMOS

CEDIDA

O Centro do Viño de Monforte inaugura o xoves unha exposición que recolle obras de doce artistas da zona

17 dic 2013 . Actualizado a las 20:05 h.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte abrirá o xoves unha exposición que reflite o traballo de doce artistas da zona e que poderá visitarse ata o 16 de xaneiro. A mostra, denominada "Creacións interiores" e comisariada por Humberto Loureiro, inagurarase ás oito da tarde. O seu obxectivo, segundo os organizadores, é "amosar a riqueza das formas de expresión que se dan por estas terras" e a súa "diversidade de técnicas, estilos e disciplinas de base"

A exposición reúne pinturas de Santiago Cobelo, Sara Álvarez Otero, Primitivo Lareu, Randolfe Vilariño, Gelín MF e Humberto Loureiro, esculturas de Pepe Barxa, fotografías de Manuel Valcárcel e Antón Lopo, artes gráficas de Doa Ocampo, stencils de Miguel Ángel Rodríguez e creacións sonoras de Jacobo Hernández. Este músico ofrecerá unha actuación durante a apertura da mostra.

Os promotores da exposición puntualizan que esta non reúne a todos os artistas que traballan hoxe no ámbito territorial da Ribeira Sacra, polo que esperan organizar máis adiante novas mostras que recollan o traballo doutros creadores. Neste caso, engaden, "a selección vén dada pola proximidade, a amizade e o traballo en común que moitos artistas realizan, convencidos de que hai que poñer en valor esta zona como importante centro de creación artística".