O alcalde de Sober, Luis Fernandez Guitián, pensa que o municipio conta cos recursos necesarios para obter este recoñecemento e afirma que traballarán para que os visitantes desfruten deses recursos.
-¿Que opina deste recoñecemento?
-Nos xa o solicitaramos hai meses. Cremos que cumprimos de sobra todos os requisitos para ter este recoñecemento.
-¿Por que decidiu solicitalo?
-Hoxe por hoxe, Sober conta cunha multitude de recursos. O noso obxectivo actual é coidar do que temos para que os visitantes poidan desfrutar das posibilidades turísticas que ofrece Sober.
-¿Cómo influirá este reconocimiento en Sober?
-Este recoñecemento ten unha serie de vantaxes. A partir de agora, en todo o que fagamos poderemos poñer que temos este selo de calidade. Agora sairemos en guías, e será un plus para o turismo. Utilizarémolo na nosa publicidade e a maiores poderemos acollernos a subvencións da administración para concellos con este recoñecemento. Ademais, Sober conta xa cunha festa de interese turístico como é a Feira do Viño de Amandi. Además, este recoñecemento tamén axudará a que a Ribeira Sacra se consagre como Patrimonio da Humanidade.
-¿Sober acollerá moita xente este verán?
-Cada ano o número de turistas sobe. Hai moita xente que repite dun ano para outro e que atrae a máis turistas. Ademais, as iniciativas como o concerto de Carlos Nuñez hai uns meses, o de Sôber a semana pasada ou o de Sidonie nas adegas Regina Viarum da semana que vén dan a coñecer o concello a moita xente. Entre outras cousas porque os propios grupos falan de Sober nas súas redes sociais.