Trátase dunha proposta avalada por historiadores, asociacións, empresas e particulares
09 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.A corporación municipal de Chantada votará hoxe unha resolución que lle solicita á Xunta que declare o antigo convento de San Salvador de Asma ben de interese cultural (BIC). A proposta non xorde de ningún partido político, senón dun conxunto de asociacións culturais, empresas e particulares da localidade, interesados en que se recoñeza a importancia histórica que este mosteiro tivo durante a Idade Media para toda a comarca de Chantada e os seus arredores.
Este convento, que lle dá nome ao barrio chantadino no que está asentado, encóntrase nun estado de conservación lamentable. Fundado no probablemente no século X, hoxe o seu edificio é de propiedade privada e resulta practicamente imposible conseguir permiso do propietario para visitar o seu interior.