«Nunca se leu moito máis do que agora»

Eva Fernández / C.C. MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

PACO RODRÍGUEZ

A poeta Yolanda Castaño oficiará o pregón que dará comezo a unha nova edición da feira do libro de Monforte

23 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe inaugúrase a feira do libro de Monforte, que se celebrará ata o sábado. Os postos da rúa do Cardeal abrirán co pregón da escritora compostelá Yolanda Castaño ás sete da tarde. Esta poeta, un referente das letras galegas que publicou o seu primeiro libro con tan só dezasete anos, visita a cidade do Cabe e reflexiona sobre o panorama literario destas terras.

-¿Que temas vai tratar no pregón do xoves?

-Será un percorrido por Monforte e polos seus escritores e escritoras, tanto nadas na cidade do Cabe como chegados a ela. Todo isto entendendo este lugar como un cruce de camiños e de vías.

-¿É a primeira vez que visita Monforte?

-Non, é raro o ano que non paso por Monforte para compartir o meu traballo poético. Aquí celébranse recitais de poesía, obradoiros literarios e mesmo teño participado noutras edicións da feira do libro presentando algunha das miñas obras.

-¿Que é o que máis lle gusta da cidade do Cabe?

-Aquí dáse unha mestura moi interesante. Por un lado temos a arquitectura e a paisaxe urbana, moi interesantes, e por outro a contorna e a natureza. Tamén me atraen moito a gastronomía e a veciñanza. As xentes de Monforte son moi acolledoras e encantadoras.

-¿Qué escritores destacaría das Terras de Lemos?

-Sobre todo como poetas subliñaría a Antón Lopo e Alicia Fernández. Antón é un dos autores en activo de maior talento e ademais é un inquedo editor e promotor cultural, agora coa editorial Chan da Pólvora e mesmo cun proxecto bastante novidoso e sorprendente entre mans como é unha colección adicada a autores da Ribeira Sacra. En canto a Alicia Fernández é unha das voces máis renovadoras da poesía galega. É un xenio precoz da poesía, con moi poucos anos xa demostrara ter un talento inusual e unha voz moi persoal. Actualmente está moi implicada na renovación das letras en Galicia a través de diversos proxectos.

-Recentemente participou nunha homenaxe a Lois Pereiro, o poeta monfortino por excelencia, ¿Atopa algún punto común entre a obra de Pereiro e a súa?

-Eu tiven a inmensa sorte de poder escoitar un dos últimos recitais de Lois Pereiro cando era moi noviña e quedei moi impactada. En parte polo moza que era pero, sobre todo, por aquela forza poética. Creo que Lois simbolizou toda a forza da Terra de Lemos e espallouna por Europa a través das súas viaxes e a súa visión moderna e cosmopolita.

-¿Cal é, a seu xuízo, o nivel da actividade literaria e cultural de Lemos?

-Véxoa como unha gran canteira poética e liteararia. No meu pregón menciono a moitos escritores para dar conta do enormemente fértil que é esta terra a nivel literario. Poderiamos nomear a Lois Patiño, Xosé Manuel Eyré, Lois Diéguez, Margarita Rodríguez Otero, Ramón Sandoval, Germán Vázquez, Manuel Veiga... a lista é imparable. Asimesmo, hoxe en día hai iniciativas como a última colección de Antón Lopo que amosan que Lemos non claudica. Incluso nas miñas visitas ao IES A Pinguela puiden comprobar que entre os máis novos de Monforte tamén hai unha incesante actividade cultural, científica e tecnolóxica.

-Vostede que traballa a miúdo con mozos ¿Cal percibe que é a súa actitude cara á literatura?

-É un tópico e un prexuízo pensar que pasan da escrita e tampouco se leu nunca moito máis do que se está a ler agora. En canto a poesía, nunca foi un xénero de masas e non ten por que selo. Con todo, haina que ver nun sentido amplo, é dicir, hai poesía nas letras de cancións, en certos tuits, na boa publicidade, no rap e en moitos máis lugares dos que pensamos. Os rapaces e rapazas si que seguen a consumir poesía ao seu xeito.

-¿Cómo ve a saúde do galego por estas terras do interior?

-As xentes de aquí teñen moitas leccións que darlle a outras zonas en canto ao uso do galego. Aquí está máis en forma ca noutros lugares nos que, cunha actitude curiosamente máis provinciana, pensan que empregando linguas con máis falantes van chegar máis lonxe, unha maneira de entender as cousas bastante estreita.

-¿Cales son os seus próximos proxectos?

-Este mesmo domingo marcho para un festival de poesía en México e o mes que vén terei outros dous en Romanía e Gotemburgo, Suecia. Asemade, estou traballando na sexta edición do obradoiro internacional de tradución poética na illa de San Simón.

Más de 30 autores pasarán desde hoy por la feria del libro de Monforte

Una nueva edición de la feria del libro de Monforte comienza hoy y durará hasta el próximo sábado. Los visitantes podrán acercarse a los puestos de seis librerías locales y realizar sus compras con un 10% de descuento. Además, por la calle del Cardenal pasarán unos 35 escritores para presentar o firmar sus obras durante los cuatro días de feria. A continuación, las actividades más destacadas.

Miércoles

Apertura de puestos. Hoy se inicia la feria a las siete de la tarde con la actuación de la banda de gaitas del Ayuntamiento de Monforte y con el esperado pregón de la poeta Yolanda Castaño. También habrá tiempo para la presentación del libro A invención dun deus, de Xulio López Valcárcel, a las nueve de la noche.

Jueves

Recital local. Mañana las actividades darán comienzo a las doce del mediodía con la firma de libros del escritor Juan J. Prieto en la caseta de la librería Agrasar. Los niños podrán disfrutar a las seis de la tarde de la Ciclobiblioteca de Anxo Moure y una hora después comenzará el recital de los escritores Imanol Bértolo, Alicia Fernández y Antón Lopo.

Viernes

Protagonismo infantil. A las doce del mediodía tendrá lugar un taller de encuadernación para niños y el grupo Maimiñas presentará el libro Volta, Revolta e Reviravolta.

Sábado

Último día. A las siete de la tarde el colectivo Lemos Le presentará sus próximas iniciativas. Teresa Gray y Fernando Estévez cerrarán la feria a las nueve de la noche con su espectáculo Reencuentros musicales.