Festa con viño e roscas en Sober

c.c. MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CONCELLO DE SOBER

12 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta fin de semana, a festa na comarca de Lemos non está só en Monforte. Sober celebra hoxe o día central da súa festa anual da rosca, que tivo onte un aperitivo centrado no viño. O acto central da festa será hoxe (13:00 horas) unha degustación gratuíta de 2.000 racións do postre típico de Sober.

A edición número 23 da Feira da Rosca de Sober comezou onte cunha xornada adicada sobre todo ao viño. No denominado túnel do viño, unha carpa instalada na praza do Concello, veciños e visitantes tiveron ocasión de probar agunhas das marcas más recoñecidas entre as que teñen as súas adegas en Sober, co acompañamento dos comentarios dos sumilleres Humberto Loureiro e bruno Lovelle.

No acto de inauguración do túnel, que se celebrou pola mañá, estiveron o alcalde, Luis Fernández Guitián, o presidente do consello regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, a ex alcaldesa e secretaria do Parlamento, Raquel Arias, e os expertos en viño Luis Paadín e Hernández Mañas