Óscar Moure: «A min sempre me gustou o despacho dentro do banquillo, pero adestro na base»

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

02 ago 2025 . Actualizado a las 19:26 h.

Ao igual que a afección lemista, Óscar Moure na súa condición de socio tamén está ilusionado co novo proxecto. Asegura que o paran na rúa para transmitirlle esa ilusión. O executivo reivindica o protagonismo da canteira, e tamén di que o atrae máis traballar no despacho perfilando plantillas.

—Percibe na afección ilusión polo que está por vir?

—É verdade que se nota esa ilusión na rúa, e enténdoo porque o esforzo que fixo o club é importante. Seguro que durante a tempada virán momentos difíciles, e aí pido que o público e o socio estean a carón do equipo. Todos van traballar para dar alegrías á afección.

—Este Lemos ten ADN Edu Rodríguez e Óscar Moure.

—Hai unha aposta decidida pola xuventude. De feito, algunhas fichaxes son de futbolistas novos, con talento e con certa experiencia. Hai unha combinación de xuventude e veteranía. Os novos dan esa enerxía que é necesaria para que o equipo estea arriba na clasificación.

—Agora, tocaralle descansar ao director deportivo, porque o traballo está feito.

—Si, aproveitarei estes días para desconectar. É verdade que dende maio ata hoxe non paramos de traballar.

—Será máis difícil para o Lemos competir no grupo sur da Preferente?

—Penso que os dous grupos son parellos. É verdade que aos equipos do grupo norte xa os coñeciamos e neste grupo teremos que adaptarnos. Pero, insisto, non será escusa.

—Onde se sinte máis cómodo, no despacho ou no banquillo?

—Sempre me gustou o despacho dentro do banquillo, é dicir, ver xogadores, confeccionar plantillas e planificar. E si, teño que dicir que cada vez gústame máis o despacho.