Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra volve outro ano máis a Sober

p. chico / c.c MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

Unha demostración de olería tradicional na anterior edición da mostra de artesanía de Cadeiras, en Sober
Unha demostración de olería tradicional na anterior edición da mostra de artesanía de Cadeiras, en Sober CONCELLO DE SOBER

Unha nova edición da mostra celebrarase este sábado xunto ao santuario de Cadeiras

19 ago 2025 . Actualizado a las 12:02 h.

O sábado 23 de agosto celébrase na igrexa Santuario da Nosa Señora de Cadeiras en Pinol, parroquia do concello de Sober, a quinta edición da mostra de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra. Este ano contará cun total de 19 expositores, un máis que na anterior entrega.

A xornada comezará ás 11.00 e rematará ás 21.00 horas e nesta edición dentro do programa de actividades haberá obradoiros gratuítos, todos eles abertos ao público. Dentro da programación están: unha aula de iniciación ao torno cerámico onde os asistentes poderán elaborar pezas de barro, un taller de encadernación xaponesa, e un obradoiro de marmolado, técnica que se empregaba para decorar as gardas dos libros.

No evento asistirán talleres artesanais de toda Galicia, especializados en olaría tradicional, xoguetes, bixutería, manipulación de papel e cerámica, entre outras cousas. Dentro dos expositores da Ribeira Sacra figuran a Alfarería Elías de Gundivós, Enxógate de Quiroga e Mimacuir de Castelo, en Taboada. Os 16 postos restantes proceden de diferentes partes de Galicia.

Haberá música da man do dúo musical Deuce, nunha sesión vermú ás 13.00 horas, para amenizar unha xornada dedicada a promover e impulsar os produtos artesanais galegos.