Espectáculo solidario de Circo Chosco na Pobra do Brollón

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

Ariñe Azkue e Óscar Páez son os compoñentes de Circo Chosco
Ariñe Azkue e Óscar Páez son os compoñentes de Circo Chosco Paco Rocha

A compañía actuará este venres no pavillón municipal e a entrada consiste nun quilo de alimentos non perecedoiros

27 dic 2023 . Actualizado a las 16:38 h.

A compañía Circo Chosco ofrecerá este venres unha actuación no pavillón municipal da Pobra do Brollón dentro co ciclo de actividades Nadal na Guimaralia, organizado polo Concello. O grupo representará o espectáculo Oh-pera! a partir das 19.00 horas. A entrada é gratuíta, pero os organizadores piden aos asistentes que leven un quilo de alimentos non perecedoiros para repartir entre persoas necesitadas.

O grupo Circo Chosco está especializado nunha combinación de teatro, humor e técnicas circenses. Na actualidade traballa en paralelo con diferentes empresas, como Cair Circo, Malas Compañías ou Pistacatro Productora. O espectáculo Oh-pera!, dirixido por Aritza Rodríguez, é interpretado por Ariñe Azkue e Óscar Páez. Os responsables da compañía definen a obra como «unha viaxe polas posiblidades da vida, polas eleccións que tomamos no día a día, nas que o amor é a materia escura que os une».