Os actos celebraranse na Casa da Cultura e nos bares da avenida de Galicia
18 jul 2024 . Actualizado a las 12:29 h.O Concello da Pobra do Brollón acollerá este venres o Orgullo Guímaro, unha iniciativa encadrada na programación municipal para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, que se celebrou o pasado 28 de xuño. As actividades comezarán ás 20.15 horas na Casa da Cultura coa inaguración da exposición «O amor entre mulleres, alén das marxes», que reúne unha serie de obras da ilustradora Paula Dacal, veciña do municipio.
Seguidamente, no mesmo local, desenvolverarse a partir das 20.45 horas o obradoiro «Ruralidades Queer», organizado en colaboración co centro Sete Outeiros, de Monforte. Segundo os organizadores, o obxectivo deste obradoiro é «crear un espazo para xente LGBTI+ do rural para falar das nosas vidas, necesidades e o noso lugar na sociedade». No encontro, engaden, poden participar persoas de todas as tendencias sexuais.
A partir das 21.30, as actividades trasladaranse aos bares da da avenida de Galicia, onde haberá un obradoiro de baile tradicional dirixido por Gabi Reboredo, que será seguido dunha «foliada queer». A xornada é organizada polo Concello e conta co apopio da Deputación, da Consellería de Política Social e Igualdade e do Ministerio de Igualdad no marco do Plan Corresponsables.