A Feira Guímara da Pobra do Brollón chegará á súa décima edición o 12 de xullo
A POBRA DO BROLLÓN

O programa comprende actuacións musicais e demostracións de oficios tradicionais
22 jun 2025 . Actualizado a las 12:10 h.O Concello de A Pobra do Brollón celebrará o 12 de xullo a décima edición da Feira Guímara, na que se recrea a revolta dos veciños deste municipio contra os condes de Lemos na Idade Media. As actividades comezarán ás doce do mediodia cun pregón a cargo da xornalista Belén López Rodríguez, natural do municipio. Media hora despois celebrarase a representación da revolta guímara.
Durante a mañá haberá tamén unha demostración de oficios tradicionais a cargo de artesáns da forxa e da madeira. O grupo de gaitas quirogués O Recanto animará despois unha sesión vermú,
Xantar popular
Seguidamente comezará un xantar popular no que os asistentes poderán levar a súa comida e utilizar mesas de libre disposición. No recinto da feira instalarase ademais un posto de polbo.
Pola tarde, a partir das 17.00 horas. haberá un campionato de xogos populares. Ás oito e media, a compañía circense Assircópatas oferecerá o espectáculo «Rogelio, un pallaso en recuperación». A xornada festiva pecharase cun concerto do grupo musical feminino Brassica Rapa.
A primeira edición da Feira Guímara organizou en xullo do 2014. Desde entón seguiu celebrándose anualmente, coa excepción do período da pandemia.