O Ciclo Mestre Mateo traerá entre xullo e outubro dez proxeccións en diferentes lugares do concello
16 jul 2025 . Actualizado a las 18:01 h.A Pobra do Brollón acollerá este ano o Ciclo Mestre Mateo que comezará o próximo 20 de xullo co documental Prefiro condenarme de Margarita Ledo. A programación incluirá dez proxeccións de documentais, longametraxes e curtas ata o día 18 de outubro. E como novidadade, serán en diferentes parroquias do concello.
O ciclo está organizado pola Academia Galega do Audiovisual e leva á Pobra, co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello, a súa cuarta edición cun obxectivo principal, facilitar o acceso da cidadanía ao cinema galego. Para poñer en valor o sector audiovisual, as dez proxeccións levan o cinema a vilas sen salas comerciais, ademáis de que neste ano como novidade decidíuse descentralizar as proxeccións.
O Concello da Pobra do Brollón levará parte da programación aos locais sociais de parroquias do concello, e non se concentrará no lugar de maior población. Parroquias como Piño, Parada dos Montes ou Fornelas terán un espazo para desfrutar destes filmes, todos con entrada gratuita.
Este domingo 20 de xullo comezarán as proxeccións no local social da aldea de Piño, co documental Prefiro condenarme dirixido pola lucense Margarita Ledo. Trátarse dunha biografia de Sagrario Ribela, unha mariscadora da ría de Ferrol, que repasa a súa longa vida, na que sufriu discriminación por ser muller e obreira no século pasado.
O ciclo terá máis proxeccións no mes de xullo na sesión de curtas do 23 na Pobra do Brollón, e retomaráse o 3 de agosto na Ferreirúa coa longametraxe As Neves.
Agosto terá dúas sesións máis, unha o 9 con outra sesión de curtas en Canedo, e outra no final de mes, no 31 ca proxección do filme +Cuñados na Pobra do Brollón.
No mes de setembro reproduciranse dous documentais, Salvaxe, Salvaxe o 6 en Parada dos Montes e Filmei paxaros voando o 12 outra vez na Pobra. Ademáis o 20 de setembro en Fornelas proxectaráse a película Xustiza artificial.
En outubro, no último mes, o día 10 en Abrence verase o filme Honeymoon e o ciclo rematará na Estación ca proxección de Aurora o día 18.
Todas as proxeccións terán o mesmo horario, as dez serán ás 20:30 horas. O Concello da Pobra do Brollón facilitará información de cada una destas convocatorias nas súas redes e na páxina web.