Os Reis Magos repartirán agasallos en Bóveda

La Voz MONFORTE / LA VOZ

BÓVEDA

Fotografía da recepción dos Reis Magos o ano pasado en Bóveda
Fotografía da recepción dos Reis Magos o ano pasado en Bóveda CEDIDA

Nunha recepción aos nenos o 5 de xaneiro no centro sociocultural

30 dic 2022 . Actualizado a las 12:48 h.

Os Reis Magos de Oriente visitarán Bóveda o 5 de xaneiro e repartirán agasallos aos nenos que se inscriban previamente para velos. A concellería de Cultura ten organizada a súa chegada para a tarde dese día no centro sociocultural.

Melchor, Gaspar e Baltasar estarán as cinco da tarde en Boveda, onde recibirán aos nenos nun acto que terá lugar no centro cultural. A recepción real contará co espectáculo de animación Maxia no Nadal.

Os nenos que queiran participar nesa recepción e recibir un agasallo dos reis teñen que estar inscritos nunha lista antes do día 3. Para apuntalos nesa lista é preciso chamar ao teléfono 982426006 ou escribir ao correo electrónico cultura@concellodeboveda.com.