Escolares ante a tumba de Atilano

La Voz MONFORTE / LA VOZ

BÓVEDA

As tumbas medievais do casto de San Lourenzo foron descubertas no 2017
As tumbas medievais do casto de San Lourenzo foron descubertas no 2017 CEDIDA

Estudantes do colexio de Bóveda fixeron un percorrido guiado polos sepulcros medievais do xacemento arqueológico de Cereixa (A Pobra do Brollón)

21 may 2025 . Actualizado a las 11:57 h.

O alumnado do Colexio de Bóveda fixo esta semana unha visita ao Castro de San Lourenzo, no veciño concello da Pobra do Brollón, dentro do proxecto do centro «A vida castrexa».

O arqueólogo Xurxo Ayán explicoulles como se levaron a cabo os traballos de prospección deste xacemento que contén restos de diferentes épocas e guiounos nunha visita polo castro. Ese percorrido incluíu paradas no cemiterio medieval descuberto na primeira parte das prospeccións.

Na foto, os escolares e Xurxo Ayán xunto á única tumba na que no 2017 apareceu un esqueleto case completo, o dun home que os investigadores bautizaron como Atilano.