«A nosa intención é repoñer o nome deste xoglar onde lle corresponde» | PROGRAMA |

La Voz

CHANTADA

21 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O historiador Xose Lois García é un dos promotores desta homenaxe. Hai dous anos que publicou un estudio sobre os trobadores de Chantada e recoñece que tanto él como o resto do equipo organizador teñen moitas ilusións depositadas neste acto. -¿Pensan darlle continuidade a homenaxe? -En absoluto. Trátase dun acto único que non pretende repetirse. De feito recollemos o testigo doutra homenaxe que un grupo de poetas galegos intentaran nos anos cincuenta, pero daquelas fora máis un acto modesto que pasara desapercibido polos tempos que corrían. -¿Esperan que acuda moita xente? -A disponibilidade dos artistas que participan así o asegura e ademáis, estase mediatizando bastante e iso sempre axuda. -¿Cal é o obxectivo? -Repoñer o nome de Xohán de Requeixo onde lle corresponde, empezando polo Monte Faro, tan presente nas súas cantigas.