Coñecidas e aínda moi visitadas

La Voz

CHANTADA

06 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Son ben coñecidas e visitadas polas xentes da zona as augas da Adaúlfe, no lugar do Pozo da Ola na parroquia chantadina de San Pedró de Líncora, á beira do río Asma, e co caracaterístico cheiro e as mesmas tiras brancas do resto dos mananciais ricos en xofre, foron usadas dende hai moitos anos pola xente de Chantada para as doenzas da pel e o aparello dixestivo. Alí chegou a haber incluso un proxecto de balneario do que ata hai uns anos anos aínda se conservaba unha pequena construcción de granito, pedra que se usou finalmente para a reconstrucción dos pendellos do vello campo da feira.