Cé Orquestra Pantasma presenta un disco infantil en Chantada

La Voz

CHANTADA

ALBERTO LÓPEZ

A actuación será o domingo na sala Cinema Palleiriso de Garabelos

07 dic 2018 . Actualizado a las 18:56 h.

O músico César Freiría, máis coñecido como Cé Orquestra Pantasma, ofrecerá o domingo unha actuación na sala Cinema Palleiriso, situada na localidade de Garabelos, na parroquia chantadina de Mariz. Na actuación presentarse o disco A voar, dirixido a nenos de tres anos de idade en adiante, editado pola cooperativa Miudiño. O concerto comezará ás doce do mediodía.

Na imaxe sobre estas liñas, unha actuación de Cé Orquestra Pantasma no Festival do Castro, en Pantón.