O investigador Antonio Paz presenta un libro sobre o movemento agrarista na comarca de Chantada

La Voz

CHANTADA

Antonio Paz Vázquez (á esquerda) recolleu no 2023 o premio de investigación histórica Condado de Pallares de mans do alcalde chantadino Manuel Varela
Antonio Paz Vázquez (á esquerda) recolleu no 2023 o premio de investigación histórica Condado de Pallares de mans do alcalde chantadino Manuel Varela CONCELLO DE CHANTADA

O acto celebrarase este venres no auditorio municipal chantadino

22 may 2025 . Actualizado a las 16:49 h.

O investigador Antonio Paz Vázquez presentará este venres no auditorio municipal chantadino a obra O agrarismo nas Terras de Chantada, polo que recibiu no 2023 o premio de investigación histórica Condado de Pallares. O acto celebrarase ás 20.00 horas e estará aberto a todas as persas interesadas.

A obra, que leva por subtítulo «A sociedade agraria do século XIX e primeiro terzo do XX», resalta a importancia que tivo a comarca de Chantada no antigo movemento agrarista, que tiña como obxectivo principal a abolición dos foros agrarios. Segundo explica Paz, a primeira das denominadas «sociedades de resistencia» agraristas que existiu na provincia de Lugo foi fundada en Chantada no ano 1900. Nas seguintes décadas hubo na comarca numerosas iniciativas relacionadas con este movemento, como a fundación de organizacións, a celebración de actos reivindicativos e mitins, e a aparición de publicacións.

As fontes históricas que o investigador consultou para o seu estudo son principalmente os arquivos históricos das provincias de Lugo e Ourense, o Arquivo do Reino de Galicia, a Biblioteca Nacional de España e diferentes publicacións locais que se editaron nesa época na comarca de Chantada.