Nesta casa viviu... Luis Moure Mariño, notario e narrador da Chantada dos anos 40 e 50

Rodrigo Fernández
Roi Fernández CHANTADA

CHANTADA

Nesta casa entre a Barxela e a praza Santa Ana viviu Luis Moure Mariño
Nesta casa entre a Barxela e a praza Santa Ana viviu Luis Moure Mariño ROI FERNÁNDEZ

Nacido no Saviñao, tivo a súa residencia nunha sólida construcción de sillares de granito con baixo comercial

16 sep 2025 . Actualizado a las 11:21 h.

Unha sólida construción de sillares de granito de dous andares e baixo comercial entre a Barxela e a Praza de Santa Ana foi vivenda en Chantada de Luis Moure Mariño, prolífico escritor e tamén notario. O edificio, rexio e elegante, está oficialmente fóra do conxunto histórico da vila, pero linda con el. E ben se podería integrar neste perímetro protexido, igual que outros edificios veciños.

Supoñemos que Moure percorrería os trescentos metros de Camiño de Santiago que hai entre a súa vivenda e o seu despacho de notario na casa de Soto da rúa 2 de Maio. Cruzaría a praza de Santa Ana e percorrería Leonardo Rodríguez, a rúa do Comercio e a praza do Mercado.

Cuestionado en ocasións pola súa tendencia ao réxime de Franco, moi clara en obras que escribiu na súa etapa xuvenil, cómpre contar que, segundo lembra a sua filla Ana, foi nesta vivenda onde se presentou a Garda Civil con intención de detelo por posicionarse dunha forma notoria e contraria ao establecido, en referencia á propiedade dos montes comunais.

Como notario e estudoso da historia, sabía que os comuneiros tiñan plena propiedade sobre eses montes e en certo modo loitou pola causa.

Non son poucas as historias ambientadas na Chantada dos anos 40 e 50 do século pasado as que nos deixou Moure e foi nesa época na que xorde unha das obras máis representativas da Chantada desa época. É Fantasías reales, almas de un protocolo, un compendio de vivencias profesionais do autor na que nun capítulo ambientado no lugar de Sernande, narra a realidade do asolagamento do encoro dos Peares. Luis Moure MAriño naceu en Escairón, O Saviñao, no ano 1915 e finou en 1999 na cidade da Coruña.