Nesta casa de Chantada viviu... unha pediatra e universitaria pioneira
CHANTADA
Eloísa Rivadulla compartiu casa cos seus país na rúa Luciano Travadelo
10 nov 2025 . Actualizado a las 18:50 h.Eloisa Rivadulla tivo as súas últimas moradas en pisos de aluguer pero onde conviviu cos seus pais foi no número 12 da rúa Luciano Travadelo de Chantada, hoxe doutor Mariano Cedrón. Esta recoñecida e querida pediatra non destacou só por velar pola saúde dos nenos de Chantada, senón que foi todo un exemplo de loita feminista ao acceder á facultade de medicina en 1930.
O seu nome completo era Eloísa Cristina de la Concepción Margarita Rivadulla Álvarez e naceu o 26 de xaneiro de 1911 no municipio coruñés de Sada. Era filla de Eloísa Álvarez Nieves, natural de Celanova, e de Benito Rivadulla Pascual, nado en Meirás. Comerciante, político e xornalista, traballou como director no Banco Pastor en Chantada, pero antes diso sufriu importantes sancións do réxime franquista pola súa militancia durante a Segunda República, na que chegou a ser presidente do Partido Galeguista.
Eloísa Rivadulla rematou con brillantez os seus estudos de medicina en 1940 e ese mesmo ano foi designada para cubrir en Chantada unha praza vacante como especialista en pediatría.
Un colexio e un parque
Lilita, como a coñecían as persoas máis achegadas, morreu en Chantada o 19 de setembro de 1987.
En Chantada levan o seu nome un dos dos colexios da localidade e o parque público do antigo campo da feira.