Sonia Arias presenta en Chantada o seu último libro, «Antes pasábase por aquí»
CHANTADA / LA VOZ
CHANTADA
Este venres no círculo cultural e recreativo
26 may 2026 . Actualizado a las 18:42 h.A Irmandade Cultural País do Faro organiza en Chantada a presentación do último libro da poeta Sonia Arias, que se titula Antes pasábase por aquí. O acto será este venres, 29 de maio, ás oito do serán, no círculo recreativo e cultural de Chantada. No acto intervirá a autora, que é de Paradela e que ten publicados catro libros máis. Na presentación intervirán tamén José Carlos Ulloa e Ramón Rodríguez Porto.
Segundo contou a autora en maio do ano pasado na primeira presentación deste poemario, en Antes pasábase por aquí fala da súa xente, das tradicións e en xeral da cultura galega, principalmente como a sinte na súa aldea de Bidul, que para ela é «como un faro para ver toda Galicia dende aí».