Folgoso do Courel apraza ata o 2 de agosto a Festa da Cultura e a Tradición

La Voz MONFORTE / LA VOZ

FOLGOSO DO COUREL

ROI FERNANDEZ

Para evitar o mal tempo desta fin de semana

18 jul 2025 . Actualizado a las 17:48 h.

A Festa da Cultura e a Tradición que se ía celebrar este sábado en Folgoso do Courel vai ser finalmente o 2 de agosto. O Concello decidiu aprazala polas previsións que anuncian choiva para esta fin de semana.

O programa mantense como estaba previsto, pero trasládase integramente a ese día, o primeiro sábado do mes de agosto. A festa comezará coa tradicional baixada de carrilanas ás doce e media da mañá, con saída desde o antigo colexio e chegada na praza do Fondo da Vila. Ás dúas da tarde abrirá no souto da Carroza unha feira de artesanía que inclúe unha exposición de xogos tradicionais. Haberá un posto de comidas con polbo e churrasco.

E xa pola tarde, ás tres terá lugar unha actuación do grupo Merenzao e ás catro comezará o campionato de xogos tradicionais. Entre as probas previstas, destacan as de de arrebolamento de sacho, o lanzamento de boina ou o corte con tronzón. A festa rematará ás oito da tarde cun concerto do cantautor Emilio Rúa.