Carrillanas e deporte rural na Festa da Cultura e a Tradición do Courel
FOLGOSO DO COUREL











Folgoso acolleu unha xornada de lecer que rematou con un concerto de Emilio Rúa
03 ago 2025 . Actualizado a las 19:13 h.A veciñanza de Folgoso do Courel puido finalmente gozar esta fin de semana da Festa da Cultura e da Tradición, que fora adiada dúas semanas debido ás previsións de choiva para a data inicial, o pasado 19 de xullo.
A celebración mantivo o programa previsto, cunha xornada celebrada o sábado 2 de agosto e dedicada a poñer en valor as tradicións, o folclore popular e a vida comunitaria na serra. O día comezou ás 12:30 horas coa tradicional baixada de carrilanas, que saíron dende o antigo colexio e remataron na Praza de Fondo de Vila, atraendo a numerosos curiosos.
Ás 14:00 horas abriu ao público a Feira de Artesanía e unha mostra de xogos tradicionais no Souto da Carroza. Xa ás 15:00 horas, o Grupo Merenzao puxo música á tarde cunha actuación que animou aos asistentes.
Ás 16:00 horas celebrouse un campionato de xogos tradicionais, con probas como o arrastre de sacho, o lanzamento de boina, a chave, a billarda ou o corte con tronzador, entre outras. Os trofeos entregáronse ás 19:30 horas nun ambiente festivo.
A xornada pechouse cun concerto do músico Emilio Rúa, que actuou a partir das 20:00 horas, poñendo o broche final a unha festa que, malia o adiamento, conseguiu reunir de novo a veciñanza e visitantes arredor da cultura e da tradición courelás.