Un percorrido para coñecer o patrimonio esquecido de Pantón

La Voz

PANTÓN

CARLOS RUEDA

A actividade levarase a cabo o día 24 en Toldaos e Augas Santas

14 feb 2019 . Actualizado a las 12:32 h.

A asociación cultural Segredos de Pantón organizará o día 24 un percorrido guiado polos elementos menos coñecidos do patrimonio histórico e cultural das localidades de Toldaos e Augas Santas. A actividade, promovida en colaboración coa asociación veciñal de Toldaos, estará aberta a todas as persoas interesadas e non se requerirá unha inscrición previa. Os participantes concentraranse ás 10.00 horas xunto ao santuario de Augas Santas ?na imaxe sobre estas liñas? para iniciar o percorrido, que terminará na entrada do hotel balneario do mesmo nome. Ao finalizar o itinerario, ofrecerase neste establecemento un aperitivo con viños da adega Finca Cuarta, que colabora na iniciativa.