A mellor época para visitar as fervenzas da Serra do Courel 

La Voz

QUIROGA

23 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O albergue de Quiroga aproveita as actuais condicións meteorolóxicas para promocionar unha ruta turística de recente creación que xira en torno ás fervenzas da Serra do Courel. As chuvias caídas durante as últimas semanas incrementaron considerablemente a espectacularidade destas paraxes naturais, polo que esta época se considera especialmente apropiada para visitalas. 

A ruta está deseñada para ser percorrida en automóbil e ten unha lonxitude de en torno a noventa quilómetros. O percorrido comeza en Quiroga e pasa polas localides de Seoane do Courel e A Seara para despois retornar ao punto de inicio. Neste itineario poden visitarse as fervenzas coñecidas como a Ola, , a Pedriña, Fócaro, Vieiros, Ferramulín, Cachón, Pozo da Grada e a Pedreira. Os organizadores sinalan que o grao de dificultade desta ruta é consideado como moi baixo. 

Os prezos por persoa varían en función do número de participantes que haxa en cada grupo. Para os formados por dous ou tres visitantes, o custo por cabeza é de vinte euros; para os de catro a seis persoas, dezaseis; para os de dez a catorce persoas, oito, e para os de sete a nove persoas, doce.