Quiroga despide o mes das Letras Galegas co espectáculo «Dende Rosalía ata as cantareiras»

La Voz

QUIROGA

Un momento da representación do espectáculo «Dende Rosalía ata as cantareiras», da compañía A Xanela do Maxín
Un momento da representación do espectáculo «Dende Rosalía ata as cantareiras», da compañía A Xanela do Maxín A XANELA DO MAXÍN

Será representado este venres na Casa de Cultura pola compañía A Xanela do Maxín

29 may 2025 . Actualizado a las 11:59 h.

O municipio de Quiroga despide este venres o mes de maio co espectáculo teatral «Dende Rosalía ata as cantareiras», co que se conmemora o último Día das Letras Galegas. A representación corre a cargo da compañía A Xanela do Maxín e ofrecerase ás 18.30 horas na Casa de Cultura. O acto será organizado polo BNG.

Desde esta formación sinalan que «Dende Rosalía ata as cantareiras», é un «espectáculo multidisciplinar de pequeno formato que combina narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías para exaltar a herdanza de todas as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas, facendo especial fincapé nas cantareiras e o cancioneiro popular. Na representación réndese homenaxe ás escritoras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias Luísa Villalta, así como ás cantareiras populares.

Os responsables da compañía apuntan pola súa parte que o espectáculo pretende resaltar a importancia das «Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura, na música e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa cultura».