Taboada trata de resucitar a súa banda de música

Carlos Cortés
Carlos Cortés MONFORTE

TABOADA

La banda de música de Taboada, en el concierto del día de Sanyta Cecilia del 2015, uno de los últimos que dio la formación
La banda de música de Taboada, en el concierto del día de Sanyta Cecilia del 2015, uno de los últimos que dio la formación ROI FERNANDEZ


Unha asociación local acaba de pór en marcha unha escola de música que servirá de canteira para recuperar esta formación

19 sep 2019 . Actualizado a las 18:57 h.

Taboada terá este curso unha escola local de música. A asociación cultural Xoán Montes pon en marcha este centro co obxecctivo de que sirva como base para recuperar a banda de música de Taboada, que leva un tempo sen actividade. O prazo de matrícula xa está aberto.

A asociación Xoán Montes é a entidade que estaba detrás da banda de música de Taboada, que despois dunha longa traxectoria cesou a súa actividade hai algo menos de dous anos. Os responsable da asociación queren recuperar e banda e para conseguilo decidiron pór en marcha unha escola de música que sirva de canteira para esta formación. "A Escola de Música de Taboada Xoán Montes -anuncian este xoves os responsables desta asociación- ponse en marcha coa intención de achegarlle a música a todos e todas aqueles que desexen recibir ensinanzas musicais e, sobre todo, co propósito de formar músicos para recuperar e darlle pulo á Banda de Música de Taboada".

A escola de música de Taboada disporá de profesores especializados que impartirán materias de todos os instrumentos de vento e percusión. Se hai demanda tamén se poderá ampliará a oferta a piano, guitarra ou acordeón. "E nun futuro -engaden na asociación- de cara á música tradicional e grupos de pop ou rock para que todas as agrupacións poidan ter cabida".

Este proxecto que promove a Asociación Cultural Xoán Montes estará liderado polo músico profesional Miguel Franqueiro, director da banda de música de Sober e recentemente seleccionado como intérprete de tuba pola orquestra do teatro La Scala, de Milán. Franqueiro ten una ampla experiencia como profesor de música en cursos e escolas de toda Galicia.

Os interesados en matricularse ou en obter máis información poden facelo mediante o correo electrónico ao enderezo musicataboada@gmail.com ou no número de teléfono 620222561.