A banda Heredeiros da Crus actuará en Taboada na Festa da Mocidade

La Voz CHANTADA / LA VOZ

TABOADA

Unha actuación da banda Heredeiros da Crus, que formará parte do cartel do festival de Taboada
Unha actuación da banda Heredeiros da Crus, que formará parte do cartel do festival de Taboada MONICA IRAGO

Será o próximo 8 de agosto e contará en total con cinco bandas

27 jul 2025 . Actualizado a las 11:52 h.

A veterana banda Heredeiros da Crus é unha das formacións que actuarán o próximo 8 de agosto na Festa da Mocidade de Taboada, que marca o inicio das patronais da capital deste municipio. Outros grupos que participarán no festival son Quinkillada, Os Residuos Radiactivas, Rastreros e The Palangans.

Como é habitual, a Festa da Mocidade finánciase coa axuda dos patrocinadores e coa venda de camisetas. O custo comprende unha cervexa, un calimocho e unha cea a base de bolo preñado, empanada e torta de chocolate. As camisetas pódense adquirir nos establecementos Café Bar Mario, Café Santa Lucía, Bar Devezo, ScalaTaboada, Bar Rian e Distribucións Casa Guillermo. Custan 16 euros ata o 31 de xullo e a partir desa data, 19 euros. A primeira edición da Festa da Mocidade celebrouse no 2017.

A presentación oficial da nova edición será este mércores ás 12.00 no campo da feira de Taboada. No acto participarán representantes das entidades patrocinadoras do festival, que son o Concello, a Xunta e a Presidencia e a Vicepresidencia da Deputación.