Un festival cos Heredeiros da Crus e catro grupos máis abre o 8 de agosto as festas de Taboada 2025

La Voz MONFORTE / LA VOZ

TABOADA

Representantes do Concello de Taboada, a Deputación, a Xunta e os organizadores, presentaron este mércores o programa da Festa da Mocidade
Representantes do Concello de Taboada, a Deputación, a Xunta e os organizadores, presentaron este mércores o programa da Festa da Mocidade CEDIDA

El Festival da Mocidade subirá ao escenario, ademáis do grupo de Ribeira, aos Quinkilláns, Os Residuos Radiactivas, Rastreros e The Palangans

30 jul 2025 . Actualizado a las 18:34 h.

A Festa da Mocidade de Taboada, que marca o inicio das Festas Patronais desta localidade da comarca de Chantada, volve este ano cun cartel musical de primeira liña encabezado polos Heredeiros da Crus. Neste festival que se celebrará o venres 8 de agosto a banda de Ribeira compartirá escenario con Quinkillada, Os Residuos Radiactivas, Rastreros e The Palangans, nunha noite que promete mesturar estilos diversos baixo o sinal da música en galego.

A festa, que se celebrou por primeira vez no 2017, mantén a súa filosofía de música en galego e financiamento colaborativo a través de patrocinadores e a venda de camisetas.

O prezo destas camisetas (16 euros ata o 31 de xullo e 19 a partir do 1 de agosto) inclúe, ademais da prenda, cervexa, calimocho e cea (bolo preñado, empanada e tarta Ancano de chocolate). As camisetas están dispoñibles en establecementos locais como o Café Bar Mario, Café Santa Lucía, Bar Devezo, ScalaTaboada, Bar Rian e Distribucións Casa Guillermo.

O acto de presentación oficial do programa celebrouse este mércores no campo da feira de Taboada, coa presenza de representantes das entidades patrocinadoras, que son o Concello de Taboada, a Deputación de Lugo, que achega fondos a través da Presidencia e da Vicepresidencia, e a Delegación da Xunta en Lugo.

Neste acto, Alexandre Varela, da asociación Madialeva O! Taboadam que é o colectivo que organiza o festival, dizo que esta «é unha festa que busca manter os seus sinais de identidade» e destacou o que calificou como «o gran cartel musical deste ano».

Este é o prorgama da Festa da Mocidade 2025

  • 19:30 h: Roteiro polos bares coa charanga Chantada Sol do Faro Brass.
  • 21:30 h: Cea popular.
  • 22:30 h: Inicio dos concertos. Actuarán os Heredeiros da Crus, Quinkillada, Os Residuos RAdiactivas, Rastreros e The Palangans.